venres, 20 de maio de 2016

Homenaxeando a Manuel María

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (RAG) presentaron nesta institución unha proposta histórica: declarar o 17 de maio de cada ano como o "Día das Letras Galegas".

Estimaban que a celebración naquel ano do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro supoñía un fito decisivo ao outorgarlle prestixo internacional a nosa fala como instrumento de creación literaria. 



Cincuenta e tres anos máis tarde e dende o noso centro educativo quixemos render un merecido homenaxe a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, poeta, dramaturgo, narrador e persoeiro comprometido con Galicia


A poesía elixida para festexar con música os versos deste poeta lucense é "A señora vaca". Mirade que ben o fixeron os nenos e as nenas do 2º nivel de educación primaria.





Quixeramos agradecer ao Equipo de Biblioteca, así como a Andrea Porto, mestra especialista en música, o seu tempo e dedicación para poder levar a cabo esta actividade. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario