luns, 30 de novembro de 2015

Unha de panxoliñas

Botousenos enriba o Nadal e con el os supermercados atéigannos de doces e turróns, sen dúbida un agasallo para os nosos sentidos. Como vén sendo habitual no noso centro educativo imos preparar unhas panxoliñas coas que pretendemos cegar a máis de un.

Este ano o 2º nivel de educación primaria elixiu un vilancico que leva por nome "Volver a casa por Nadal" interpretado por Xabarín & Xababanda. 

Non pensedes que estamos ante unha panxoliña melancólica e aburrida, máis ben todo o contrario, trátase dunha canción popular que invita a bailar e que, de seguro, quedará nas vosas memorias por unhas horas ou quizais días. 

Incluímos un vídeo para que vaiades practicando todo o que poidades!


xoves, 19 de novembro de 2015

Mochilas viaxeiras

Hoxe os Reis Magos deixáronnos un anticipo e é que xa tiñamos moitas ganas de que chegaran as mochilas viaxeiras as nosas aulas, xa que nelas poderemos descubrir infinidade de historietas en linguas diversas. 

Trátase dunha iniciativa levada a cabo dende o Equipo da Biblioteca para, por unha banda, proporcionar o encontro dos cativos/as con libros e outros materiais educativos e, pola outra, incentivar o gusto pola lectura.

Esta semana poñeremos en funcionamento as prezadas mochilas que teñen como fin percorrer os fogares do noso alumnado para achegar diversos coñecementos. Lembrade que cada mochila leva consigo un caderno de bitácora, como acontece nas embarcacións, para anotar as vosas impresións sobre o material incluído nela.





xoves, 12 de novembro de 2015

O Magosto

O bo tempo acompañounos onte na celebración do Magosto no colexio. Despois de saborear as castañas que trouxeron os rapaces e as rapazas da casa participamos nun circuito de xogos populares: 

- o tragacastañas
- o xogo do pano
- os aros musicais
- a elaboración de construcións cos carozos do millo
- as carreiras de culleres con castañas

Como punto culme procedeuse a entrega dos premios do concurso organizado polo Samaín. Noraboa a todos e a todas os/as participantes, especialmente ás gañadoras: 

- Victoria Tarrío Souto (2º A)
- Nerea Cespón Rodríguez (2º B)