xoves, 29 de outubro de 2015

Benvidos de novo!

Benvidos de novo a todas e a todos!

Hoxe retomamos esta andaina polo blogue para amosarvos algúns dos aspectos máis significativos que acontecen polos diversos recunchos da nosa escola.

Este ano o proxecto elixido dende o centro educativo é o mar baixo a insignia: "MERGÚLLATE NUN MAR DE EXPERIENCIAS".

E como algúns de vós xa puidechedes comprobar in situ, uns trasnos moi rebuldeiros adícanse a decorar os corredores das nosas aulas sen igual. Nós, como non podería ser doutro xeito, decidimos que sería unha moi boa idea axudarlles nese labor tan peculiar cos nosos debuxos da clase de Arts.

En breves colgaremos algunhas ilustracións sobre o que aquí estamos a relatar.

Vémonos o vindeiro martes!