mércores, 25 de maio de 2016

Parque Zoolóxico Marcelle Natureza

O pasado luns 23 de maio o alumnado do segundo nivel de educación primaria fomos de excursión ao Parque Zoolóxico Marcelle Natureza, situado na provincia de Lugo, concretamente en Outeiro de Rei.

Aínda que cando chegamos tivemos que baixar do autobús coa chaqueta posta, ao mediodía o día quixo acompañarnos cun sol radiante. 

Coñecimos un montón de animais diferentes así como algunhas das características máis relevantes de cada un deles.

venres, 20 de maio de 2016

Homenaxeando a Manuel María

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (RAG) presentaron nesta institución unha proposta histórica: declarar o 17 de maio de cada ano como o "Día das Letras Galegas".

Estimaban que a celebración naquel ano do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro supoñía un fito decisivo ao outorgarlle prestixo internacional a nosa fala como instrumento de creación literaria. 



Cincuenta e tres anos máis tarde e dende o noso centro educativo quixemos render un merecido homenaxe a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, poeta, dramaturgo, narrador e persoeiro comprometido con Galicia