venres, 19 de febreiro de 2016

O Meco


Este martes puxemos o broche de ouro ao Entroido coa queima do Meco.
Previamente nas aulas elaboramos unhas coplas en ton de prostesta e con temática libre que limos en plena cerimonia.

As encargadas de ler as coplas foron:
- Nerea Pena Álvarez (2ºA)
- Leticia Bello Mariño (2º B)

xoves, 18 de febreiro de 2016

Os sementeiros


Aproveitando que na materia de ciencias naturais traballamos as plantas e a súa reprodución, decicimos que sería unha boa ocasión poñer en práctica parte dos coñecementos adquiridos nas aulas e traspasalos á realidade de xeito manipulativo e visual. Por iso, en plena semana de preparativos para o festival de Entroido fomos ao patio cuberto para que cada neno/a plantara sementes de col repolo.


martes, 16 de febreiro de 2016

Proxecto: "As fervenzas"


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha este curso escolar un proxecto sobre as fervenzas en colaboración co C.E.I.P. Doutor Suárez, situado en Fornelo de Montes. 

Dende o 2º nivel de educación primaria quixemos aportar o noso grao de area facendo unha representación plástica da Fervenza de Parafita, en Valga. Ollade o resultado!

venres, 5 de febreiro de 2016

Festival de Entroido 2016

Moito se fala do Entroido de Laza, Verín e Ourense... e que nos dicides do que celebramos nós no Pavillón Municipal de Baño? Nada que cobizar! Sen dúbida, un festival de cores, texturas, retrincos, música e uns cantos pasiños de baile que ben poderemos poñer en práctica nas múltiples festas que se celebran durante estes días en toda a Comunidade acompañados dun bo cocido ou dunhas filloas recheas co característico fume da lareira...

Como vimos anticipando estes días, o primeiro venres do mes de febreiro festexamos no Pavillón Municipal de Baño o Festival de Entroido que deu comezo pasadas as 12:00h.
Antes de dar inicio ás diferentes actuacións preparadas por niveis ou clases vivimos momentos de tensión, nervios e emoción. Amosámosvos as fotografías tomadas nas aulas antes de acudir ao Pavillón e saír á escena.

mércores, 3 de febreiro de 2016

Día da Paz

Despois de saborear as meles do triunfo coa panxoliña de Nadal, botabamos en falta máis música para os nosos oídos, por iso, o pasado venres celebramos no colexio o Día da Paz con baile, música e cunha carreira solidaria a prol dos dereitos da infancia en colaboración con Save the Children.