venres, 15 de abril de 2016
Xornadas de educación viaria
O pasado xoves 14 de abril tivemos a oportunidade de gozar dunha xornada de educación viaria organizada polo Concello de Valga.
A xornada dividiuse en dúas partes: unha primeira consistía nunha charla informativa sobre os aspectos máis relevantes de tráfico e a segunda parte tiña como finalidade a posta en práctica de ditos coñecementos sobre un circuíto no pavillón municipal.
O resultado da xornada podédelo comprobar a través das seguintes imaxes:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario