mércores, 9 de marzo de 2016

Día da Muller Traballadora

O día 8 de marzo está fixado no calendario escolar como o Día da Muller Traballadora. No noso colexio quixemos rendir un merecido homenaxe a todas as mulleres que día tras día se poñen a faenar por un futuro mellor. 

Son moitos os casos e as situacións: mulleres que traballan dentro e fóra da casa, mulleres que se ocupan do coidado dos máis cativos e, tamén, dos máis maiores, mulleres emprendedoras, mulleres con dupla ou tripla xornada laboral,... pero ao fin e ao cabo con un nexo en común: mulleres loitadoras. 



Por iso, o equipo de actividades complementarias e extraescolares convidou a dúas mamás do colexio para compartir con todos nós as súas experiencias no mundo laboral en fábricas adicadas a productos mariños e, tamén, para facernos partícipes dos quefaceres dentro do fogar. 

Quixeramos agradecer a Ana Belén Millán Longo e a Mª Victoria Souto Martínez a súa participación nesta xornada e, como non, por agasallarnos un pouquiño do seu tempo e, así, darlle unha perspectiva real aos rapaces sobre esta conmemoración.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario