Despois de saborear as meles do triunfo coa panxoliña de Nadal, botabamos en falta máis música para os nosos oídos, por iso, o pasado venres celebramos no colexio o Día da Paz con baile, música e cunha carreira solidaria a prol dos dereitos da infancia en colaboración con Save the Children.
A mestra Andrea ensinounos unha canción na materia de música titulada "Danza da paz" do recoñecido grupo de música galego Mamá Cabra que interpretamos con moito cariño minutos antes do recreo.
Despois de engulir as ricas merendas na hora do patio, levamos a cabo as distintas carreiras solidarias co fin de recaudar cartos para os máis necesitados.
A xornada foi un éxito e o resultado dela son algunhas das imaxes que incluímos nesta entrada. Non perdades detalle...












Ningún comentario:
Publicar un comentario