xoves, 18 de febreiro de 2016

Os sementeiros


Aproveitando que na materia de ciencias naturais traballamos as plantas e a súa reprodución, decicimos que sería unha boa ocasión poñer en práctica parte dos coñecementos adquiridos nas aulas e traspasalos á realidade de xeito manipulativo e visual. Por iso, en plena semana de preparativos para o festival de Entroido fomos ao patio cuberto para que cada neno/a plantara sementes de col repolo.



Antes de iniciar a actividade lembramos os pasos a seguir, así como os condicionantes que precisa unha semente para xerminar: abono e auga. Deixamosvos unhas imaxes ilustrativas do proceso seguido.












Ningún comentario:

Publicar un comentario